Euskotren Tranbia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Euskotren Tranbia (antes coñecida como EuskoTran) é unha das catro marcas comercias baixo as que opera a sociedade pública Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A., pertencente ao Goberno Vasco. Euskotren Tranbia opera os servizos tranviarios, mentres que as outras marcas comerciais, Euskotren Trena, Euskotren Autobusa e Euskotren Kargo, son as encargadas da explotación dos servizos de tren, dalgunhas liñas de autobuses, e das mercancías.