From Wikipedia, the free encyclopedia
Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862[1] e finado en Sevilla o 10 de agosto de 1937,[2] foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eustaquio Ilundain y Esteban 20 de setembro de 1862 Pamplona, España |
Morte | 10 de agosto de 1937 (74 anos) Sevilla, España |
Lugar de sepultura | Iglesia Catedral de Santa María |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Cardeal | |
30 de marzo de 1925 – | |
Arcebispo de Sevilla | |
16 de decembro de 1920 – 10 de agosto de 1937 ← Enrique Almaraz y Santos (pt) – Pedro Segura y Sáenz (pt) → | |
Bispo de Ourense | |
14 de novembro de 1904 – ← Pascual Carrascosa Gabaldón – Florencio Cerviño González → Diocese: diocese de Ourense | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1905–), sacerdote católico (1886–), político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Consagración | José Cadena Eleta (pt) |
Premios
| |
Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Cidade Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.
Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia natural que el mesmo fundou.
En 1914 suspendeu a divinis ao crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de lecer, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia], visión esta que retratou Carlos Casares na novela Ilustrísima.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Pascual Carrascosa |
Bispo de Ourense 1904 - 1920 |
Sucesor: Florencio Cerviño González |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.