Evil Angels
filme de 1988 dirixido por Fred Schepisi / From Wikipedia, the free encyclopedia
Evil Angels, chamado A Cry in the Dark fóra de Australia e Nova Zelandia, é un filme australiano de 1988 dirixido por Fred Schepisi. O guión, escrito por Schepisi e Robert Caswell, baséase no libro de John Bryson de 1985 do mesmo nome. Conta o caso real da desaparición de Azaria Chamberlain, unha nena de nove semanas de vida que desapareceu dunha acampada preto de Uluru (ou Ayers Rock) no agosto de 1980 e a loita dos seus pais, Michael e Lindy Chamberlain, por demostrar a súa inocencia ante unha opinión pública convencida de que son culpables da morte e desaparición da pequena. Meryl Streep e Sam Neill interpretan os Chamberlains, e Streep foi nomeada para un Premio da Academia por esta interpretación.
Evil Angels | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Fred Schepisi |
Produtor | Verity Lambert |
Guión | Robert Caswell Fred Schepisi |
Baseado en | Evil Angels de John Bryson |
Intérpretes | Meryl Streep Sam Neill |
Música | Bruce Smeaton |
Fotografía | Ian Baker |
Montaxe | Bruce Smeaton |
Distribuidora | Warner Bros. (EUA) Cannon Films (Internacional) |
Estrea | 1988 |
Duración | 121 minutos |
Orixe | Australia Estados Unidos |
Orzamento | $15 million[1] |
Recadación | $6.9 million (Estados Unidos)[2] |
Na rede | |
A película foi estreada menos de dous meses despois de que os Chamberlains fosen exonerados pola Corte de Apelacións do Territorio do Norte de todos os cargos presentados contra eles.[3]