Exército de Liberación Nacional (Colombia)
organización guerrilleira colombiana de esquerda / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Exército de Liberación Nacional (ELN) é un grupo armado revolucionario e de esquerdas implicado no conflito colombiano,[2] o cal existiu en Colombia dende 1964. O ELN defende unha ideoloxía comunista composta de marxismo-leninismo e teoloxía da liberación. En 2013, estimouse que as forzas do ELN estaban formadas por entre 1 380 e 3 000 guerrilleiros.[3][4][5] Segundo o ex-membro da dirección nacional do ELN, Felipe Torres, unha quinta parte dos partidarios do ELN tomaron as armas.[6] O ELN foi clasificado como organización terrorista polos gobernos de Colombia,[7] dos Estados Unidos,[8] do Canadá,[9] da Unión Europea[10] e a Asemblea Nacional de Venezuela.[11]
Datos rápidos Líderes, Creación ...
Exército de Liberación Nacional (ELN) | |
---|---|
Bandeira do ELN. | |
Organización terrorista de Colombia | |
Líderes | Nicolás Rodríguez Bautista Antonio García Pablo Beltrán Rafael Sierra Granados Gustavo Aníbal Giraldo |
Creación | 1964–presente |
Área de operacións | Especialmente nos departamentos de Arauca, Cauca, Chocó, Norte de Santander e Nariño (Colombia). Bajo Cauca Antioquia, Venezuela.[1] |
Ideoloxía | marxismo-leninismo e teoloxía da liberación |
Pechar