From Wikipedia, the free encyclopedia
A exclusión alélica é un proceso polo cal se expresa un alelo dun xene mentres que o outro alelo queda silenciado. Nos xenes autosómicos, os organismos diploides herdan unha copia de cada proxenitor.
Hai polo menos dous tipos de eventos de selección que poden orixinar exclusión alélica. Por un lado, un alelo dun xene pode ser silencioso transcricionalmente, o que ten como resultado a expresión de só o segundo alelo. Por outro lado, ambos os alelos poden ser transcritos, pero operan mecanismos postranscricionais e postraducionais que levan á eliminación do produto proteico dun alelo..
O mecanismo polo cal se realiza a exclusión alélica non se coñece completamente.[1]
A exclusión alélica foi observada principalmente en xenes de receptores da superficie celular e foi amplamente estudada en células inmunitarias como os linfocitos B.[2] Nos linfocitos B, o rearranxo con éxito do xene da cadea pesada do material xenético dun cromosoma ten como resultado que deixa de producirse o rearranxo do material xenético do segundo cromosoma. Se non se produce un rearranxo con éxito, ten lugar o rearranxo do material xenético no segundo cromosoma. Se non se produce o rearranxo exitoso en ningún dos dous cromosomas, a célula morre.
Como resultado da exclusión alélica, todos os receptores de antíxenos dun determinado linfocito terán a mesma secuencia de aminoácidos no dominio variable da cadea pesada da proteína. Como a especificidade do receptor de antíxenos é modulada polo dominio variable da cadea lixeira codificada por un dos loci da cadea lixeira de inmnoglobulina, as especificidades das células B que conteñen o mesmo evento de recombinación da cadea pesada poden diferir no seu evento de recombinación da cadea lixeira.
Un estudo publicado en 2008 mostrou que a metilación CpA axuda á exclusión alélica en neuronas sensoriais.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.