Función exponencial
From Wikipedia, the free encyclopedia
A función exponencial, é coñecida formalmente como a función ex, onde e é o número de Euler; esta función ten por dominio de definición o conxunto dos números reais, e ten a particularidade de que a súa derivada é a mesma función. Denótase equivalentemente como f(x)=ex ou exp(x), onde e é a base dos logaritmos naturais e corresponde á función inversa do logaritmo neperiano.
En termos moita máis xerais, unha función real E(x) dise que é do tipo exponencial en base a se ten a forma
sendo a, K ∈ R números reais, con a > 0, a ≠ 1. Deste xeito obtense un conxunto de exponenciais, todas elas similares, que dependen da base a que utilicen.[1]