Exposición (narrativa)
estilo narrativo da narracion / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha exposición é un sistema de elocución baseado na disertación verbal con intención didáctica destinada a difundir o coñecemento humano e a reflexionar sobre o modo en que se acadou dito coñecemento. Noutras palabras, acto de dicir ou escribir algo para que o coñezan os demais: un tipo de discurso que presenta o obxectivo de ofrecer un tema calquera ó receptor de xeito claro e ordenado, para o cal se require un coñecemento global da cuestión que se pretende explicar e un desenvolvemento progresivo e articulado das ideas obxecto de manifestación.
O texto de carácter expositivo non pretende convencer nin demostrar -aspectos estes en que se centra a argumentación-, senón mostrar un conxunto organizado de observacións e coñecementos ou propor unha visión determinada dun problema e as súas posibles solucións.