Eón xeolóxico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un eón xeolóxico é a división principal da escala de tempo xeolóxico. A Comisión Internacional sobre Estratigrafía da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas recoñece no seu Cuadro Estratigráfico Internacional tres eóns, que son, do máis antigo para o máis recente, o Arqueano, o Proterozoico e o Fanerozoico. Outras fontes recoñecen aínda un cuarto eón anterior ao Arqueano, o Hadeano. O conxunto dos eóns anteriores ao Fanerozoico é chamado de Precámbrico (unha denominación obsoleta, con todo).