Fábrica
instalación industrial onde se converten materias primas en produtos manufacturados / From Wikipedia, the free encyclopedia
Para o artigo sobre o lugar, véxase Fábrica, Lobios, Lobios
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
Unha fábrica é un lugar físico ou virtual onde se produce algún obxecto, material ou servizo. Normalmente o vocábulo «fábrica» asóciase cun lugar físico onde se procesan materias primas, pero na economía moderna tamén se estende o concepto aos lugares virtuais onde se xeran servizos, por extensión do proceso de transformación de ideas en servizos útiles, como software ou capacitación.
Hai de distintos tipos e tamaños. Actualmente as fábricas van substituíndo a man de obra por tecnoloxía para reducir custos e aumentar a produtividade.