Fútbol Club Cruceiro do Hío
equipo galego de fútbol / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Fútbol Club Cruceiro do Hío é un equipo de fútbol galego da parroquia do Hío, en Cangas. Leva o nome do cruceiro do Hío, situado nesa parroquia. Actualmente xoga na Segunda Autonómica, na tempada 18/19 clasificou para a fase de ascenso a primeira, fase na que sería eliminado.
F.C Cruceiro do Hío | |||
---|---|---|---|
Nome | Fútbol Club Cruceiro do Hío | ||
Fundación | 1978 | ||
Estadio | Javier Guimeráns | ||
Presidente | Luciano Lorenzo Nogueira | ||
Adestrador | Óscar Sánchez Fernández | ||
Liga | Segunda Autonómica de Galicia | ||
Tempada 2018-19 | 3° | ||
Na rede | |||
| |||
A súa primeira equipación é branca cunha franxa azul celeste en diagonal. No escudo está debuxado o característico cruceiro que lle dá nome.
Chegou a xogar na terceira división na tempada 2006/2007, sendo este o máximo logro da historia do club. Actualmente o FC Cruceiro do Hio intenta conseguir o ascenso que se lle escapou na tempada 18/19, ao ser eliminado na fase de ascenso da liga.