Dinucleótido de flavina e adenina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioquímica o dinucleótido de flavina e adenina ou flavín adenín dinucleótido, abreviado como FAD (forma oxidada) e FADH2 (forma reducida), é un coencima que intervén como cofactor en reaccións de oxidación-redución moi importante no metabolismo. Pode existir en dúas diferentes formas redox, nas que se reconverte ao aceptar ou ceder electróns. A forma oxidada é o FAD (neutra), e a forma reducida captou dous hidróxenos é o FADH2 (os dous H están unidos á molécula e ningún se desprende como H+, como sucedía no coencima similar NADH).
A molécula está formada por:
- un residuo de riboflavina (vitamina B2), que consta do sistema de tres aneis da isoaloxazina unido por enlace carbono-nitróxeno ao azucre-alcohol ribitol, polo cal se une ao resto da molécula.
- unha molécula do nucleótido ADP, que se une polo seu último fosfato ao ribitol da riboflavina.
En realidade a riboflavina non é tecnicamente un nucleótido, polo que o nome flavín adenín dinucleótido (ou dinucleótido de flavina e adenina) pode considerarse pouco exacto, aínda que é o usado correntemente.[1]