O factor intrínseco (IF), factor intrínseco que se une á cobalamina,[1] ou factor intrínseco gástrico (GIF) é unha glicoproteína producida no estómago humano polas células parietais ou no estómago de ratos polas células principais. É un factor necesario para a absorción da vitamina B12 no íleo distal do intestino delgado.[2] Nos humanos a proteína factor intrínseco gástrico está codificada polo xene CBLIF do cromosoma 11.[1] A haptocorrina (transcobalamina I) é outra glicoproteína segregada polas glándulas salivares que se une á vitamina B12. A vitamina B12 é sensible aos ácidos e ao unirse á haptocorrina pode pasar indemne a través do ambiente ácido do estómago e chegar ao duodeno.[3]
Datos rápidos CBLIF, Estruturas dispoñibles ...
CBLIF |
---|
|
Estruturas dispoñibles |
---|
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
|
---|
Identificadores |
---|
Nomenclatura |
Outros nomes
- CBLIF, IF, IFMH, INF, TCN3, factor intrínseco gástrico, GIF, factor intrínseco , IF, factor intrínseco que se une á cobalamina
|
---|
Identificadores externos | |
---|
Locus | Cr. 11 q12.1
|
---|
|
---|
Ortólogos |
---|
Especies | |
---|
Entrez | |
---|
Ensembl | |
---|
UniProt | |
---|
RefSeq (ARNm) | |
---|
RefSeq (proteína) NCBI | |
---|
Localización (UCSC) | |
---|
PubMed (Busca) | |
---|
Pechar
No ambiente menos ácido do intestino delgado, primeiro os encimas pancreáticos dixiren a glicoproteína transportadora da vitamina B12 haptocorrina, polo que a vitamina queda libre e pode agora unirse ao factor intrínseco.[3] Este novo complexo é despois absorbido por endocitose polas células epiteliais (enterocitos) do íleo.[3] Dentro das células, a vitamina B12 disóciase de novo e únese a outra proteína, a transcobalamina II; o novo complexo pode entón saír dos enterocitos e ser transportada ao fígado.[4]