Federico Fellini
director e guionista de cine italiano. Gañador de catro Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa e dun Oscar honorario pola súa traxectoria. / From Wikipedia, the free encyclopedia
Federico Fellini, nado en Rimini o 20 de xaneiro de 1920 e finado en Roma o 31 de outubro de 1993, foi un director e guionista de cine italiano. Gañador de catro Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e dun Oscar Honorífico pola súa traxectoria.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2022.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1920 Rimini, Italia |
Morte | 31 de outubro de 1993 (73 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | Morte natural (Infarto agudo de miocardio ) |
Lugar de sepultura | Fellini tomb (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1920–1993) |
Educación | Universidade de Roma La Sapienza |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | director de cinema , artista de banda deseñada , escritor , escritor satírico , guionista , realizador |
Período de actividade | 1945 - 1992 |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua alemá, lingua inglesa e lingua italiana |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Giulietta Masina (1943–1993) |
Premios
| |
Páxina web | federicofellini.it |
|
Durante case catro décadas -desde Lo sceicco bianco de 1952 a La voce della luna 1990- Fellini "retrata", en ducias de películas, un pequeno grupo de personaxes memorables. El autodenominouse "un artesán que non ten nada que dicir, pero que sabe como dicilo". Deixou obras inesquecibles, cheas de sátira pero empapadas dunha sutil melancolía, caracterizadas por un estilo onírico e visionario. Os títulos das súas películas máis famosas - La strada, Le notti di Cabiria, La dolce vita, 8½ e Amarcord- convertéronse en tópicos mencionados na lingua orixinal en todo o mundo.