Feito (afirmación)
declaración que é consistente coa realidade ou que pode ser probada con evidencia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un feito é algo que ocorre no mundo real.[1] Por exemplo, "Esta frase contén palabras." é un feito lingüístico e "O Sol é unha estrela." é un feito astronómico. Ademais, "Abraham Lincoln foi o 16º presidente dos Estados Unidos." e "Abraham Lincoln foi asasinado." son ambos feitos da historia. Falando en xeral, os feitos son independentes das crenzas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Feito.
A comprobación usual para a afirmación dun feito é a verificabilidade, é dicir, se pode demostrarse que corresponde a unha experiencia. Para comprobar os feitos utilízanse a miúdo traballos de referencia estándar. Os feitos científicos son verificados por observacións coidadosas repetibles ou medidos por experimentos ou outros medios.