Un feixe de hélices (helix bundle) é un pequeno pregamento de proteínas composto de varias hélices alfa, que xeralmente adoitan estar case paralelas ou antiparalelas entre si.

Feixes de tres hélices

Thumb
Un exemplo de pregamento de feixe de tres hélices, o dominio auricular da proteína vilina expresado en polos (PDB ID 1QQV).

Os feixes de tres hélices son dos dominios estruturais máis pequenos e rápidos coñecidos de pregamento cooperativo.[1] O feixe de tres hélices no chamado dominio auricular da vilina é de só 36 aminoácidos de longo e é moi estudado en simulacións de dinámica molecular porque o seu tempo de pregamento a escala de microsegundos está dentro das escalas de tempo accesibles para a simulación.[2][3] A proteína accesoria do VIH de 40 residuos ten un pregamento moi similar e foi tamén obxecto dun intenso estudo.[4] Non hai un motivo de secuencia xeral asociado cos feixes de tres hélices, polo que non se pode necesariamente predicilos só a partir da secuencia. Os feixes de tres hélices adoitan aparecer en proteínas que se unen á actina e en proteínas que se unen ao ADN.

Feixes de catro hélices

Os feixes de catro hélices constan de catro hélices empaquetadas nun arranxo en hélice superenrolada cun núcleo hidrófobo estreitamente empaquetado estericamente no centro. Pares de hélices adxacentes poden xeralmente ser estabilizadas adicionalmente por pontes salinas entre aminoácidos cargados. Os eixes das hélices están tipicamente orientados a uns 20 graos das hélices veciñas, unha inclinación moito menor que na estrutura helicoidal máis grande do pregamento de globina.[5]

A topoloxía específica das hélices depende da proteína: as hélices que están adxacentes en secuencia son a miúdo antiparalelas, aínda que é tamén posible adoptar ligazóns antiparalelas entre dous pares de hélices paralelas. Como as hélices superenroladas dímeras son de seu bastante estables, os feixes de catro hélices poden ser dímeros de pares superenrolados, como na proteína Rop. Os feixes de catro hélices poden ter estabilidade térmica a máis de 100 °C. Outros exemplos de feixes de catro hélices son os citocromos, ferritina, hormona do crecemento humana, certas citocinas,[5] e o C-terminal do represor Lac. O pregamento en feixe de catro hélices foi un obxectivo atractivo para o deseño de proteínas de novo, e foron deseñadas con éxito de novo numerosas proteínas de feixe de catro hélices por métodos racionais[6] e combinatorios.[7] Aínda que a secuencia non está conservada entre o feixes de catro hélices, os padróns de secuencia tenden imitar os das estruturas de hélice superenrolada, nas cales cada cuarto e sétimo residuo é hidrófobo.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.