Fernando Buesa Arena
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Fernando Buesa Arena é un pavillón polideportivo situado en Vitoria, País Vasco, utilizado polo club de baloncesto profesional Saski Baskonia para xogar os seus partidos de competición oficial. Ten unha capacidade de 15.504 espectadores, e é utilizado frecuentemente para albergar citas deportivas nacionais e internacionais de diferentes disciplinas, así como para outros eventos como grandes exhibicións, concertos ou festivais. É un dos pavillóns multiúsos máis grandes de España.
Datos rápidos Datos, Localización ...
Fernando Buesa Arena | |
---|---|
Datos | |
Localización | Vitoria, España |
Outros nomes | Pabellón Araba (1991−2000) |
Construción | |
Inauguración | 1991 |
Ampliación | 2012 |
Estadio | |
Capacidade | 15 716 espectadores |
Propietario | Deputación Foral de Álava |
Localía | Saski Baskonia (ACB) |
Eventos | |
Final da Copa Saporta (1996) Final da ULEB Eurocup (2010) Final Four da Euroliga (2019) |
Pechar