Ferreña (disco sonoro)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha ferreña, ou ferriña[1], é un pequeno disco de metal, cóncavo e co bordo rizado, que se distribúe, por pares, nos marcos de instrumentos musicais como charrascos, pandeiras, ferreñas ou pandeiretas. As parellas de ferreñas emiten unha sonoridade característica ao bateren, unha contra a outra, cando se axita o instrumento.