Ferriños
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ferriños ou triángulo é un instrumento musical de percusión idiófono. É unha barra cilíndrica de metal (normalmente aceiro) dobrada en dous puntos para darlle forma triangular, e está aberto por un dos seus vértices. A súa orixe está no século XVI.
Está suspendido dunha cordiña, de xeito que vibra o bater nel cunha variña de aceiro ou de ferro. O son é de frecuencia indefinida, moi claro, agudo e penetrante. O músico pode facer que o son do triángulo sexa aberto ou pechado dependendo de como o sosteña, podendo apagalo se o toca coa man.
Aínda que a forma é a dun triángulo equilátero, os primeiros ferriños eran triángulos isósceles. No lado máis curto, ademais, tiñan pequenos aneis.