Fiódor Dostoievski
Escritor de Rusia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fiódor Mikhailovich Dostoievski (en ruso Фёдор Миха́йлович Достое́вский), nado en Moscova o 11 de novembro de 1821 e finado en San Petersburgo o 9 de febreiro de 1881, foi unha das máis importantes personalidades da literatura rusa. A súa obra tivo un efecto profundo e perdurable na literatura do século XX.
Fiódor Dostoyevski. Retrato por Vasily Perov, 1872 | |
Nome orixinal | Fiódor Mikhailovich Dostoievski |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de novembro de 1821 Moscova, Rusia |
Morte | 9 de febreiro de 1881 San Petersburgo, Rusia(59 anos) |
Causa da morte | Epilepsia e Enfisema pulmonar |
Lugar de sepultura | Cemitério Tikhvin (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Rusa |
Relixión | Igrexa ortodoxa rusa |
Educación | Military Engineering-Technical University (en) Nikolay engineering school (en) |
Actividade | |
Ocupación | Novelista, contista, ensaísta |
Período de actividade | 1846–1881 |
Empregador | Academia das Ciencias de San Petersburgo |
Membro de | |
Xénero artístico | Novela |
Movemento | Realismo literario |
Influencias | Escritores: Miguel de Cervantes,[1] Charles Dickens, Edgar Allan Poe, Friedrich Schiller, Nikolai Gogol, Victor Hugo, E.T.A. Hoffmann, Mikhail Lérmontov, Alexander Pushkin, Lev Tolstoi,[2] Filósofos: Mikhail Bakunin, Vissarion Belinski, Nikolai Chernyshevskii, Georg Wilhelm Friedrich Hegel, Aleksandr Herzen, Konstantín Leóntiev, Adam Mickiewicz, Sergéi Necháyev, Mikhaíl Petrashevski, Vladímir Soloviov, Tijon de Zadonsk[3] |
Influencias en | Knut Hamsun, Richard Brautigan, Charles Bukowski, Albert Camus, Sigmund Freud, Witold Gombrowicz, Franz Kafka, Jack Kerouac, James Joyce, Czesław Miłosz, Yukio Mishima, Alberto Moravia, Iris Murdoch, Friedrich Nietzsche, Marcel Proust, Ayn Rand, Jean-Paul Sartre, Jorge Luis Borges, Aleksandr Solzhenitsyn, Wisława Szymborska, Irvine Welsh, Ludwig Wittgenstein, Cormac McCarthy, Ken Kesey |
Pseudónimo literario | Д. Пружинин Н. Н. Зубоскалов Ред. Ф. Д. М-ий М. Друг Кузьмы Пруткова Летописец Зубоскал —ий N.N. |
Lingua | Ruso |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Ruso |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Dmítriyevna Isáyeva (1857–64) [o seu falecemento] Anna Grigórievna Snítkina (1867–1881) [o seu falecemento] |
Fillos | Sofia (1868), Lyubov (1869—1926), Fiódor (1871–1922) e Alexei (1875-1878) |
Pais | Mikhail Andreyevich Dostoevsky (en) e Maria Fiodorovna Dostoïevskaïa (en) |
Irmáns | Mikhail Dostoyevsky (en) , Andrey Dostoyevsky (pt) e Nikolaj Michajlovič Dostoevskij (en) |
Sinatura Modelo:InfoboxImage | |
Páxina web | fedordostoevsky.ru |
|
As súas novelas mostran a miúdo personaxes vivindo en condicións sociais e mentais extremas, e exploran a psicoloxía humana, analizando a un tempo a situación política, social e moral da Rusia do seu tempo. É considerado por algúns intelectuais como o precursor do existencialismo polas súas Memorias do subsolo, segundo Walter Kaufmann "a mellor abertura para o existencialismo que se escribiu nunca".
É considerado un dos máis grandes escritores de Occidente e da literatura universal. Del dixo Friedrich Nietzsche: «Dostoievski, o único psicólogo, por certo, do cal se podía aprender algo, é un dos accidentes máis felices da miña vida».[4] E José Ortega y Gasset escribiu: «En tanto que outros grandes declinan, arrastrados cara ao ocaso pola misteriosa resaca dos tempos, Dostoievski instalouse no máis alto».[5]
Obras súas traducidas á lingua galega son A lenda do gran inquisidor (Xerais, 1998; traducida por Alexandra Koss), Crime e castigo (Editorial Galaxia, 2003; traducida por Ekaterina Guerbek) e o relato "Un nadal e unha voda", incluído no volume O conto ruso do XIX. De Puxquin a Tolstói (Ir Indo, 1997)[6].