rei de Castela, de Aragón e de Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia
Filipe III de España[1][2][3][4][5] e II de Portugal, tamén coñecido como Filipe III de Habsburgo,[6] nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Era fillo de Filipe II e Ana de Austria, sucedeu ao seu pai en 1598. Ao ano seguinte casou con Margarida de Austria coa que tivo oito fillos.
Durante o seu reinado, o sistema de goberno foi o mesmo que o dos primeiros Austrias, aínda que pronto se substituíu polo poder delegado nun valido, debido á insuficiente capacidade do monarca. Así, desde o comezo do seu reinado, o monarca puxo os asuntos de Estado en mans do seu valido Francisco de Gómez de Sandoval y Rojas, marqués de Denia e, máis tarde, duque de Lerma.
Entre 1601 e 1606 trasladou a corte a Valladolid. En 1609 asinouse a Tregua dos Doce Anos cos Países Baixos, que representaba o recoñecemento oficial da existencia dos Países Baixos como estado independente. Esta paz permitiu ao goberno enfrontarse co problema dos mouriscos, cuxa integración na sociedade española se fixo moi difícil tralas sublevacións das Alpuxarras, sendo ese mesmo ano, 1609, cando decidiu a súa expulsión por motivos relixiosos e de seguridade interior.
Pero este período de paz finalizou en 1618 ao comezar a guerra dos Trinta Anos, na que España apoiou ao emperador Fernando II de Austria en contra do elector do Palatinado, Federico V.
Tamén en 1618 e debido á deterioración da situación política e a crise económica, Filipe III viuse obrigado a substituír a Lerma polo seu fillo, o duque de Uceda, pero limitándoo nas súas funcións e, xa que logo, restándolle poder. O reinado de Filipe III supuxo o mantemento da hexemonía española no mundo, pero as súas dificultades económicas e a cesión do goberno a privados ou validos predicía xa o declive do Imperio.
Con Margarida de Austria, Filipe III tivo oito fillos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.