artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Indonesia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez dende o ano 1987. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, vinte e cinco filmes de Indonesia foron presentados para o Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio. O país tentou presentar un filme en 1988, mais a proposta foi descualificada por carecer de subtítulos en inglés.[5]
Os únicos directores indonesios que presentaron máis dun filme nesta categoría foron Nia Dinata e Garin Nugroho. Ca-bau-kan de Dinata foi a proposta de Indonesia na 75ª edición dos Óscar e Berbagi Suami na 79ª edición dos premios.[6][7]
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Indonesia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) | Título | Director | Resultado |
---|---|---|---|
1987 (60ª) |
Nagabonar | M.T. Risyaf | Non nomeado |
1989 (62ª) |
Tjoet Nja' Dhien | Eros Djarot | Non nomeado |
1990 (63ª) |
Langitku Rumahku | Slamet Rahardjo | Non nomeado |
1992 (65ª) |
Bibir Mer | Arifin C. Noer | Non nomeado |
1998 (71ª) |
Daun di Atas Bantal | Garin Nugroho | Non nomeado |
1999 (72ª) |
Sri | Marselli Sumarno | Non nomeado |
2002 (75ª) |
Ca-bau-kan | Nia Dinata | Non nomeado |
2003 (76ª) |
Biola Tak Berdawai | Sekar Ayu Asmara | Non nomeado |
2005 (78ª) |
Gie | Riri Riza | Non nomeado |
2006 (79ª) |
Berbagi Suami | Nia Dinata | Non nomeado |
2007 (80ª) |
Denias, Senandung di Atas Awan | John de Rantau | Non nomeado |
2009 (82ª) |
Jamila dan Sang Presiden | Ratna Sarumpaet | Non nomeado |
2010 (83ª) |
Alangkah Lucunya (Negeri Ini)[9] | Deddy Mizwar | Non nomeado[10] |
2011 (84ª) |
Di Bawah Lindungan Ka'bah[11] | Hanny Saputra | Non nomeado |
2012 (85ª) |
Sang Penari[12] | Ifa Isfansyah | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Sang Kiai[13] | Rako Prijanto | Non nomeado |
2014 (87ª) |
Soekarno: Indonesia Merdeka[14] | Hanung Bramantyo | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Surat dari Praha[15] | Angga Dwimas Sasongko | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Turah[16] | Wicaksono Wisnu Legowo | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Marlina, Si Pembunuh dalam Empat Babak[17] | Mouly Surya | Non nomeado |
2019 (92ª) |
Kucumbu Tubuh Indahku[18] | Garin Nugroho | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Perempuan Tanah Jahanam[19] | Joko Anwar | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Yuni[20] | Kamila Andini | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Ngeri-Ngeri Sedap[21] | Bene Dion Rajagukguk | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Autobiography[22] | Makbul Mubarak | Non nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.