Flamenco
xénero e estilo de música e danza / From Wikipedia, the free encyclopedia
O flamenco é un estilo de música e danza propio de Andalucía, Estremadura e Murcia. As súas principais facetas son o cante, o toque e o baile, contando tamén coas súas propias tradicións e normas. Tal e como o coñecemos hoxe en día data do século XVIII, e existe controversia sobre a súa orixe, xa que aínda que hai distintas opinións e vertentes ningunha delas pode ser comprobada de forma histórica. Aínda que o dicionario da RAE o asocia á etnia xitana,[2] é máis que perceptible a fusión das distintas culturas que coincidiron na Andalucía da época. De todas as hipóteses sobre a súa orixe a tese máis estendida é a que expón a orixe mourisca e a mestizaxe cultural que por entón se deu en Andalucía: oriúndos, musulmáns, xitanos, casteláns e xudeus.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Flamenco | |
---|---|
A bailarina Belén Maya. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | Sur de España |
Tipo | Cultural inmaterial |
Criterios | R1, R2, R3, R4 e R5 |
Inscrición | 16 de novembro do 2010[1] |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 00363 |
Flamenco | |
---|---|
Orixe musical | Música e danza de Andalucía transformada pola idiosincrasia do pobo andaluz, e das distintas culturas que convivían nesta rexión. |
Orixe cultural | Andalucía |
Instrumentos típicos | Voz, palmas, guitarra outros |
Derivados | Novo flamenco, Flamenco Chill, Flamenco House |
Subxéneros | |
Palos | |
O 16 de novembro de 2010 a UNESCO declarouno como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade[1][3] a iniciativa das Comunidades Autónomas de Andalucía, Estremadura e Murcia. Ademais é Patrimonio Cultural Inmaterial Etnolóxico Andaluz e está inscrito no Inventario Xeral de Bens Mobles da Rexión de Murcia establecido pola Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais.
A súa popularidade en Hispanoamérica foi tal que en Guatemala, Costa Rica, Panamá, O Salvador e Porto Rico xurdiron diversas agrupacións e academias. En Xapón é tan popular que se di que hai alí máis academias de flamenco que en España.[4][5][6]