Forex
From Wikipedia, the free encyclopedia
O mercado de divisas, tamén coñecido como Forex (abreviatura do termo inglés Foreign Exchange). FX ou Currency Market, é un mercado mundial e descentralizado no que se negocian divisas.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
Este mercado naceu co obxectivo de facilitar o fluxo monetario que se deriva do comercio internacional. É, por gran marxe, o mercado financeiro máis grande do mundo, chegando a mover un volume diario de transaccións de ao redor de cinco billóns de dólares estadounidenses (USD), máis que todos os demais mercados bolsistas do planeta combinados. Creceu tanto que, na actualidade, o total de operacións en moeda estranxeira que se debe a operacións internacionais de bens e servizos representan unha porcentaxe case residual, debéndose a maioría das mesmas a compravenda de activos financeiros. En consecuencia este mercado é bastante independente das operacións comerciais reais e as variacións entre o prezo de dúas moedas non pode explicarse de forma exclusiva polas variacións dos fluxos comerciais.