Xeneralidades

En bioloxía, segundo o contexto, o termo fotorreceptor pode designar a:

Neuronas fotorreceptoras

Thumb
Estrutura dos conos e dos bastóns.

Clases de neuronas fotorrecpetoras

As neuronas fotorreceptoras poden, grazas á súa capacidade de adaptación, responder ás moi débiles intensidades luminosas que entran no ollo (en condicións experimentais precisas, un só fotón pode ser suficiente para estimulals). Existen dous tipos:

  • os conos, para respostas rápidas e sensíbeis dependendo do seu a diferentes gamas de lonxitude de onda da luz e, polo tanto, permiten ver as cores, pero tamén para ter unha visión clara (alta agudeza visual), e
  • os bastóns, ou bastonetes, de resposta máis lenta e máis grande, dos que hai un só tipo (pero que ten máis pigmentos fotorreceptores que os conos) que permiten a visión nocturna, pero non a visión das cores. Tamén permiten a visión periférica.

(Ver tamén célula ganglionar retinal fotosensible).

Propiedades funcionais das neuronas fotorreceptoras

As neuronas fotorreceptoras converten, por un proceso fotoquímico, a enerxía luminosa nun sinal neuroquímico. Teñen a característica fisiolóxica de estaren continuamente activadas en ausencia de estímulos. A resposta analóxica dos fotorreceptores á potencia luminosa segue aproximadamente unha lei logarítmica.

Transmiten esta actividade a través das súas sinapses coas células bipolares e horizontais, de tal maneira que a actividade destas células na superficie retiniana forman unha imaxe. Este sinal propágase entón a través das células bipolares até as células ganglionares. As células horizontais e as amácrinas desempeñan un papel importante propagando o sinal lateralmente na retina.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.