Francis Bacon (filósofo)
filósofo inglés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Francis Bacon, político, filósofo e ensaísta inglés, barón Verulan, vizconde de St. Albans, naceu en Londres, o 22 de xaneiro de 1561 e morreu na mesma cidade o 9 de abril de 1626. Desde cedo, a súa educación orientouno á vida política, na cal exerceu postos elevados. En 1584 foi elixido para a Cámara dos Comúns.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Sucesivamente, durante o reinado de Xaime I, desempeñou as funcións de procurador-xeral (1607), fiscal-xeral (1613), Garda do Selo (1617) e Gran Chanceler (1618). Neste mesmo ano, foi nomeado barón de Verulan e en 1621, barón de St. Albans. Tamén en 1621, Bacon foi acusado de corrupción e condenado ao pago dunha pesada multa e prohibíuselle exercer cargos públicos. Como filósofo, salientou cunha obra onde a ciencia se exaltaba como benéfica para o home. Nas súas investigacións, ocupouse especialmente da metodoloxía científica e do empirismo. Considerado a miúdo fundador da ciencia moderna, a súa principal obra filosófica é o Novum Organum.
Francis Bacon foi un dos máis coñecidos e influentes rosacruces e tamén un alquimista, ocupando o posto máis elevado da Orde Rosacruz, o de Imperator.