Economista e político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Bustelo García del Real, nado en Madrid o 12 de xaneiro de 1933, é un político español de orixe galega.
Fillo de Francisco Bustelo Vázquez e Carlota García del Real, e neto de Ramón Bustelo González. Doutorouse en económicas na Universidade Complutense de Madrid e dereito na Sorbona de París. Entre 1967 e 1972 deu clases na Facultade de Económicas da Complutense e en 1972 logrou a cátedra de Historia Económica Mundial e de España na Universidade de Santiago de Compostela. Entrou na política durante os seus anos universitarios, foi un dos fundadores das Juventudes Socialistas[1], participou nas tentativas de rexurdimento do PSOE no interior, razón pola que pasou polo cárcere de Carabanchel, foi deportado no estado de excepción de 1969 á provincia de Teruel [2] e tivo que se exiliar en Francia e Suíza durante case sete anos[3]. No congreso do partido en Suresnes opúxose á elección de Felipe González como secretario xeral e ao abandono do marxismo, porén foi elixido membro da súa Comisión Executiva, dimitiu en 1976 por discrepancias coa dirección do seu partido. Foi membro do Comité Federal do PSOE e deputado pola provincia de Pontevedra (1977-1978) e senador por Madrid (1979-1982). Foi reitor da Universidade Complutense de Madrid (1981-1984).
En 1989 deixou o PSOE e ingresou[4] no PASOC partido integrante de Izquierda Unida. Por discrepancias con Julio Anguita deuse de baixa da coalición en 1996. No 2004 ingresou de novo no PSOE como militante de base.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.