Francisco Coello de Portugal y Quesada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Coello de Portugal y Quesada, nado en Xaén o 26 de abril de 1822[1] e finado en Madrid o 30 de setembro de 1898[2], foi un cartógrafo e militar español. Foi o autor de Atlas de España y sus posesiones de Ultramar,[3] a súa obra cume,[4][5] así como membro da Xunta Xeral de Estatística —na que participou na planificación dun catastro xeral para España—, da Real Academia da Historia e da Real Sociedade Xeográfica. Ostentou ademais o título de Cabaleiro da Orde de San Fernando e a Gran Cruz do Mérito Militar.[6] Foi un dos cartógrafos máis destacados de España no século XIX.[7] Retirouse do Exército co rango de coronel.[8]
Non confundir con Francisco Coello de Portugal.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Retrato de Francisco Coello. | |
Nome orixinal | Francisco Coello de Portugal y Quesada |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de abril de 1822 Xaén, España |
Morte | 30 de setembro de 1898 (76 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Española |
Educación | Academy of Military Engineering of Guadalajara (en) |
Actividade | |
Ocupación | Cartógrafo e enxeñeiro militar |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | Coronel |
Familia | |
Irmáns | Diego Coello de Portugal y Quesada (pt) |
Pechar