aristócrata francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco I (en bretón: Fransez I, en francés: François I) coñecido como o Amado, nado en Gwened o 11 de maio de 1414 e finado no Kastell an Erminig, da mesma cidade o 19 de xullo de 1450, foi duque da Bretaña, conde de Montfort e conde titular de Richmond, desde 1442 ata a súa morte. Fillo de Xoán V o Sabio e de Xoana de Valois ou de Francia, princesa de Francia filla do rei Carlos VI. Sucedeu ao seu pai como duque da Bretaña e conde de Montfort.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1414 Vannes, Francia |
Morte | 17 de xullo de 1450 (36 anos) Nantes, Francia |
Lugar de sepultura | Redon Abbey (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Lingua | Lingua francesa |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Montfort of Brittany (en) |
Cónxuxe | Isabel da Escócia (1442 (Gregoriano)–) Iolanda de Anjou |
Parella | NN (en) |
Fillos | Margarida da Bretaña () Isabel da Escócia (pt) Maria da Bretanha, Viscondessa de Rohan (pt) () Isabel da Escócia (pt) Jeanne bâtarde de Bretagne (en) () NN (en) |
Pais | Xoán V da Bretaña e Joana de França (pt) |
Irmáns | Isabela da Bretanha (pt) , Gilles da Bretanha (pt) e Pedro II da Bretaña |
Criado en Francia, participou na parte final da Guerra dos Cen Anos e en 1449 loitou á fronte de seis mil homes ao mando do seu tío Artur de Richemont o condestable, do que foi nomeado cabaleiro e axudou a expulsar aos ingleses de Normandía. O seu lema era: "Non hai máis rei que Deus" e logrou unha reconciliación coa familia de Penthièvre.
Un irmán (e herdeiro), Xil da Bretaña, era amigo de Henrique VI de Inglaterra, que fixera queimar a Xoana de Arco, e era un reputado cabaleiro que representaba os intereses ingleses na Bretaña dirixindo o partido favorábel á alianza con Inglaterra, política á que daquela se opoñían os príncipes bretóns e a corte da Bretaña. Francisco fixérao arrestar e enviar á cadea en 1446. Xil morreu asasinado en 1450. Aínda que non se sabe se Francisco o ordenou ou se o asasinato foi o resultado da acción individual dun dos seus cabaleiros, Francisco foi asaltado polo remordemento (e morreu pouco despois).
En 1446 concedeulle ao seu camarlengo Briand III Châteaubriant-Beaufort (que desempeñaba este cargo desde 1439) o dereito de celebrar unha feira anual na aldea de Plergar.
Segundo o seu testamento, foi enterrado diante do altar da igrexa abacial de Saint-Sauveur-de-Redon no país de Gwened. A súa tumba foi trasladada a unha das capelas do deambulatorio en 1780 e destruída durante a Revolución. A súa viúva, a duquesa Isabel de Escocia, sobreviviu ata 1494 e foi enterrada en Gwened.
Casou por primeira vez en Nantes o 28 de agosto de 1431 con Violante ou Iolanda de Anjou (1412 - 1440), filla de Lois II de Anjou, conde de Anjou e Provenza e Iolanda de Aragón, e tivo a:
Despois dunha viuvez de nove anos, volveu casar en An Alre o 30 de outubro de 1442 con Isabel de Escocia (1426 †-c. 1494), filla de Xacobe I Estuardo, rei de Escocia e Xoana Beaufort, e tivo a:
Malia as protestas da corte escocesa, estas dúas princesas non foron recoñecidas como herdeiras do ducado. Francisco elixiu como herdeiro ao seu irmán Pedro de Guingamp (Pedro II da Bretaña). Este non tiña fillos e para evitar calquera posíbel conflito, o duque casou á súa sobriña Margarida da Bretaña con Francisco de Étampes (máis tarde Francisco II da Bretaña), o segundo na orde de sucesión, e a María con Xoán de Rohan, o principal barón da Bretaña.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco I da Bretaña |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.