Francisco Franco
militar e ditador español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador galego, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o remate do conflito en 1939 ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo ultraconservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na segunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.
Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares.[1] A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría en campos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión.[2][3]