Frauta de millo miúdo
instrumento musical aerófono / From Wikipedia, the free encyclopedia
A frauta de millo é un instrumento musical aerófono, de posible orixe africana[1], que se utiliza principalmente na cumbia e que se constrúe a partir da cana do millo formando un tubo de cana, aberto aos extremos, de entre 20 e 40 cm[2], cunha lingüeta vibrante cortada do mesmo tubo e con catro orificios dixitais, o instrumento execútase de maneira transversal, e é típico da costa caribeña de Colombia. Utilízanno os grupos de música tradicional folclórica, denominados por iso "grupos de millo", non obstante tradicionalmente utilizábase durante as festa do Nadal[3]. Ademais de con millo pódese construír cunha cana, denominada localmente carrizo, que medra nas zonas húmidas ou nas beiras dos ríos para evitar a consistencia fráxil e a baixa potencia do son das realizadas con millo. Tamén se realiza con lata (especie de bambú)[4]