Freeman Dyson
From Wikipedia, the free encyclopedia
Freeman John Dyson, nado o 15 de decembro de 1923 Crowthorne (Berkshire) e finado en Princeton, New Jersey, o 28 de febreiro de 2020,[1] foi un físico e matemático inglés.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Traballou para o British Bomber Command durante a segunda guerra mundial. Unha vez finalizada, trasladouse a Princeton (USA) e nacionalizouse estadounidense.
Nos anos que seguiron á guerra, Dyson demostrou a equivalencia das formulacións da electrodinámica cuántica de Richard Feynman coas desenvolvidas por Julian Schwinger e Sin-Itiro Tomonaga.
Entre 1957-1961, traballou no Proxecto Orion que pretendía o voo espacial usando a propulsión nuclear. Chegou a construírse un prototipo, pero a Declaración para o Uso Pacífico do Espazo da ONU prohibiu calquera tipo de explosión nuclear na atmosfera e máis aló, o que provocou o abandono do proxecto.
Dyson teorizou sobre a posibilidade de que unha sociedade avanzada podería rodear por completo unha estrela para maximizar a captura da enerxía que emite, mediante nubes de asteroides, o que se denominou Esfera de Dyson.
Tamén propuxo a Árbore de Dyson, unha planta deseñada xeneticamente para medrar nun cometa. O interior dos cometas (ou o da propia árbore) podería encherse cunha atmosfera respirable e así poderían adaptarse hábitats para a humanidade noutros sistemas solares.
Desde 2003 Dyson é presidente do Space Studies Institute, a organización fundada por Gerard K. O'Neill.
Foi premiado coa Medalla Max Planck en 1969 e en 2000 co Premio Templeton para o Progreso na Relixión.