Freixo
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os freixos son árbores pertencentes ao xénero Fraxinus[2] da familia das oleáceas. Contén unhas 45-65 especies de árbores de porte mediano a grande, de folla caediza polo xeral, aínda que unhas poucas especies subtropicais teñen follas persistentes. Adoitan ocupar lugares frescos, lameiros, brañas, ribeiras. En Galicia son abundantes dúas especies, que se mesturan coma especie das fragas, coma árbore de ribeira ou raramente formando freixedos:
- Fraxinus excelsior, o freixo común, común no norte;
- Fraxinus angustifolia, o freixo de folla estreita, común no sur.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Freixo (homónimos).
Máis información Freixos (xénero Fraxinus), Clasificación científica ...
Freixos (xénero Fraxinus) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Detalle da especie (Fraxinus ornus) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto. | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Pechar
Na Coruña tense tamén descrito o Fraxinus ornus, o freixo de flor.