Fuerteventura
From Wikipedia, the free encyclopedia
Fuerteventura é unha illa do arquipélago canario, situada no océano Atlántico a 97 km da costa noroeste de África. O 26 de maio de 2009 é declarada na súa totalidade reserva da biosfera pola UNESCO.
Datos rápidos Situación, País ...
Fuerteventura | |
---|---|
Localización nas Canarias | |
Situación | |
País | España |
Comunidade autónoma | Canarias |
Provincia | As Palmas |
Arquipélago | Canarias |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 28.26, -14.00 |
Xeografía | |
Superficie | 1.659,74 km² |
Punto máis alto | 812,4 m (Pico de la Zarza) |
Demografía | |
Capital | Puerto del Rosario |
Poboación | 107.521 hab. (2016) |
Densidade | 64,78 hab./km² hab./km² |
Xentilicio | majorero, ra |
Lingua propia | Castelán |
Pechar
Pertence á provincia das Palmas, unha das dúas que compón Canarias, comunidade autónoma de España. A capital da illa é Puerto del Rosario (Puerto Cabras ata 1956), onde se atopa o Cabido Insular, que é o goberno da illa.
O nome indíxena da illa, antes da súa conquista no século XV, era Erbani coas súas dúas comarcas Jandía e Majorata ou Maxorata, de onde deriva o xentilicio majorero (orixinalmente maxo ou majo). Fuerteventura é a illa máis extensa da súa provincia, e a segunda das Canarias tras Tenerife.