For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Futuro de subxuntivo.

Futuro de subxuntivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.

O futuro de subxuntivo tiña plena vixencia funcional no galego-portugués medieval, pervive no portugués actual, mais viuse desprazado no caso da lingua galega polas outras formas do subxuntivo e mais polo presente de indicativo.

O futuro de subxuntivo, que se acha fosilizado en refráns e no cancioneiro popular, pervive feblemente na fala e na literatura do século XIX e na lingua culta actual, fórmase co tema de perfecto e engádense a este os mesmos sufixos que ten o infinitivo conxugado. Por este motivo, nos verbos regulares hai sincretismo ao seren idénticas as formas do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo (aínda que os usos son distintos). Este sincretismo non acontece naqueles verbos que teñen un tema de perfecto irregular.

O futuro de subxuntivo utilízase nos seguintes tipos de cláusulas:

  • Temporais (nexo cando), por exemplo: Cando estudares, regalereiche un xogo.
  • Locativas (nexo onde), p. ex.: Onde vires moito fume, non te vaias quentar.
  • Modais (nexo como)
  • Relativas (nexos quen, o que etc).
  • Condicionais (nexos se, no caso de etc), por ex.: Se estudares, pasas. Se estudares, pasarás.

A orientación temporal é habitualmente prospectiva (cara ao futuro), pero pode ter tamén valor atemporal. O seu significado modal é máis ben hipotético. O futuro de subxuntivo sempre irá en oracións cun verbo principal do que depende e este necesariamente irá en presente (de indicativo ou subxuntivo), en futuro ou en imperativo.

Formas

andar varrer partir for puxer
andares varreres partires fores puxeres
andar varrer partir for puxer
andarmos varrermos partirmos formos puxermos
andardes varrerdes partirdes fordes puxerdes
andaren varreren partiren foren puxeren

Vexamos algúns exemplos máis:

  • Se Deus quixer, mañá verémonos outra vez.
  • Empregue o futuro do subxuntivo nas frases onde for posíbel.
  • Cobrarán unha pensión especial os que cotizaren durante 20 anos.
  • Onde fores, fai como vires. (refrán popular)
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Futuro de subxuntivo
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.