![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/Sverigekarta-Landsdelar_G%25C3%25B6taland.svg/langgl-640px-Sverigekarta-Landsdelar_G%25C3%25B6taland.svg.png&w=640&q=50)
Götaland
From Wikipedia, the free encyclopedia
Götaland (ˈjøːtaland) é un dos tres territorios de Suecia que inclúe a dez provincias do país. Xeograficamente localízase no sur de Suecia, lindando ó norte con Svealand, facendo fronteira en Tiveden, Tylöskog e Kolmården.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.776.001 (2016) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 68.958 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Götaland foi antigamente un conxunto de pequenos reinos, e os seus habitantes eran coñecidos como Gautar en antigo nórdico. Considérase que estes habitantes eran os memos que os chamados Geats, o pobo do heroe Beowulf na epopea homónima Beowulf.
Unha parte de Götaland fusionouse con Svealand ó redor do ano 1100 formando Suecia. Outros territorios pertencían naquel momento a Dinamarca e Noruega. A provincia de Småland, incluíndo a cidade costeira de Kalmar, tiña unha poboación diseminada e o status de illa báltica de Gotland variou durante a Idade Media. Bohuslän incorporouse a Suecia durante o século XVII tras un período de dominación norueguesa, mentres que na mesma época Dinamarca perdeu Escania, Halland e Blekinge.