Factor estimulante de colonias de granulocitos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O factor estimulante de colonias de granulocitos (G-CSF ou GCSF, do inglés Granulocyte colony-stimulating factor), tamén chamado factor estimulante de colonias 3 (CSF3), é unha glicoproteína reguladora que estimula a produción na medula ósea de granulocitos e células nai e a súa liberación na circulación sanguínea. Funcionalmente, actúa como unha citocina e unha hormona; é un dos tipos de factor estimulante de colonias, e prodúceno as células de moitos tecido. Existen fármacos análogos do G-CSF natural, que se chaman filgrastim e lenograstim.
Diagrama de 3 moléculas de G-CSF humano (PDB 1rhg | |
Factor estimulante de colonias 3 (granulocito) | |
Identificadores | |
Símbolo | CSF3 |
Símbolos alt. | C17orf33; CSF3OS; GCSF ; G-CSF |
Entrez | 1440 |
OMIM | |
RefSeq | NP_000750 |
UniProt | P09919 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 17 :(38.17 – 38.17 Mb) |
O G-CSF tamén estimula a supervivencia, proliferación, diferenciación e funcionamento dos precursores dos neutrófilos e dos neutrófilos maduros. O G-CSF regúlaos utilizando as rutas de transdución de sinais da quinase Janus (JAK)/transdutor de sinais e activador da transcrición (STAT) e da Ras/proteína quinase activada por mitóxeno (MAPK) e da fosfatidilinositol 3-quinase (PI3K)/proteína quinase B (Akt).