Gabinete Numismático de Viena
colección pública de moedas en Viena / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gabinete Numismático de Viena (en alemán: Münzkabinett Wien), formalmente Gabinete de Moedas do Museo de Historia da Arte de Viena (Münzkabinett des Kunsthistorischen Museums Wien), é unha institución pública vinculada ao Museo de Historia da Arte de Viena que alberga a colección numismática máis ampla de Austria. Trátase do quinto gabinete numismático máis grande do mundo, logo dos de Londres, París, Berlín e San Petersburgo.[1]
- Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, Gabinete numismático e Münzkabinett.
Datos rápidos ––Münzkabinett Wien––, Coordenadas ...
Gabinete Numismático de Viena ––Münzkabinett Wien–– | |
---|---|
Unha das salas do Gabinete Numismático de Viena | |
Coordenadas | |
País | Austria |
Cidade | Viena |
Director | Klaus Vondrovec. |
Inauguración | S. XVI: inicio da colección. S. XVII: creación do gabinete. 1909: configuración actual. |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
O seu director é Klaus Vondrovec.[2]