Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia (en francés: Cabinet des Médailles de la Bibliothèque Nationale de France), denominado oficialmente Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia (Département des Monnaies, médailles et antiques de la Bibliothèque Nationale de France) é unha institución encargada de conservar, difundir e dar valor ás coleccións numismáticas e de antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia.[1]
- Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático.
Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia | |
---|---|
Escaleiras principais do Gabinete de Medallas | |
Coordenadas | 48°52′04″N 2°20′18″L |
País | Francia |
Cidade | París |
Director | Frédérique Duyrat (desde 2013) |
Inauguración | 1560 |
Na rede | |
https://www.bnf.fr/fr/departement-monnaies-medailles-antiques | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Herdeiro do antigo Gabinete de Medallas dos reis de Francia, é o máis antigo dos museos franceses abertos ao público. O Gabinete sitúase dentro das instalacións da Biblioteca Nacional de Francia, no número 58 da rúa de Richelieu e no número 5 da rúa Vivienne, no distrito II de París. É visitable en horario de 10:00 a 18:00 horas de luns a sábado.[2]