Galeno
médico greco-romano da Antigüidade / From Wikipedia, the free encyclopedia
Galeno de Pérgamo (grego: Γαληνός, Galēnos; latín: Claudius Galenus[1], nado en Pérgamo (antiga Misia, hoxe Bergama, Turquía) cara ao 131 e finado posibelmente en Sicilia no 201, foi un médico greco-romano da Antigüidade, considerado a máxima autoridade médica durante uns 1.300 anos, exercendo unha influencia duradeira sobre a medicina xudía, cristiá e musulmá da Idade Media. É considerado, así mesmo, o pai da farmacia. Déuselle o nome de Claudio na Idade Media, pero isto parece ser un erro historiográfico que se emendou na Idade Moderna.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Galeno Liografía de Pierre Roche Vigneron, ca. 1865 | |
Nome orixinal | (la) Claudius Galenus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c, 131 Pérgamo (Roma Antiga) |
Morte | 201 posibelmente en Sicilia |
Datos persoais | |
Residencia | Pérgamo |
País de nacionalidade | greco-romano |
Coñecido por | Considerado o pai da farmacia |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina e farmacia |
Ocupación | médico escritor , neurocientífico , médico , biólogo , cirurxián , filósofo |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Profesores | Albino (pt) , Satyros (en) e Aelianus Meccius (en) |
Influencias en | Medicina xudía, cristiá e musulmá da Idade Media |
Lingua | Grego antigo |
Familia | |
Pai | Aelius Nicon (pt) |
Pechar