Galicia estremeira
territorios galegofalantes que se atopan fóra das fronteiras de Galiza / From Wikipedia, the free encyclopedia
Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza[1][2][3][4], existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica[5] de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza[6][7][8][9][10][11][12][13][14][15], utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.
Máis información Galiza estremeira, Localización en amarelo ...
Galiza estremeira | |
---|---|
Localización en amarelo | |
Datos | |
Administración | 47 concellos |
Comunidades actuais | Castela e León e Asturias |
Superficie aproximada | 3.200 km² |
Poboación aproximada | 60.000 hab. |
Pechar