From Wikipedia, the free encyclopedia
A Garda Suíza Pontificia (de nome oficial Corpo della Guardia Svizzera Pontificia (Cohors Helvetica)) é unha pequena forza militar responsable da seguridade do Palacio Apostólico, as entradas á Cidade do Vaticano e a seguridade do Papa. O alemán é a súa lingua oficial. Foi fundada por Xulio II en 1505, para dispoñer dun corpo militar que protexese ao Papa.
Cumpre un servizo de orde, vixilancia e seguridade do Papa, realizando asemade unha misión de protocolo nas visitas oficiais de gobernantes e embaixadores.
Está composta por 110 soldados: un capitán comandante, un capelán, un tenente, dous subtenentes, 23 mandos intermedios, 70 alabardeiros, dous tamborileiros e unha banda de música. Aprenden tanto o uso de armas modernas (o fusil suízo SIG 550) como o da espada e alabarda. Os gardas son homes entre dezanove e trinta anos de idade, que, ademais de ser solteiros, realizasen o servizo militar en Suíza. Dentro dos seus ideais destacan: solidez na fe católica, fidelidade inquebrantable, amor pola Igrexa e polo Papa, coraxe, humildade, sentido do próximo e humanidade.
Nas súas primeiras accións destaca a defensa do papa Clemente VII durante o "Saqueo de Roma" por parte do exército de Carlos V de Alemaña, debido ó apoio do papa a Francisco I de Francia, que estaba en conflito con Carlos V. A acción militar sucedeu no castelo Sant'Angelo e 147 gardas perderon a vida.
O papa Pío V (1566-1572) enviounos a loitar contra os turcos na batalla de Lepanto. Con Pío VI a garda foi disolta xa que este foi enviado ó exilio por Napoleón. A garda volveuse formar en 1801 e, en 1848, xogou un papel decisivo na defensa do Palacio Pontificio fronte ós revolucionarios nacionalistas italianos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.