Ardeidos
familia de aves / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ardeidos[1] (Ardeidae) son unha familia de aves Pelecaniformes[2][3] que inclúe máis de 60 especies, cuxos membros máis coñecidos son as garzas (tamén comprende os abetouros e gazotas).[4] Os ardeidos hai quen os clasifica dentro da orde Ciconiiformes.
Ardeidos | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Garza branca (Egretta thula) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Distribución mundial das garzas. | |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Cochlearidae |
Son aves patilongas, e algunhas especies chegan a medir até 85 cm de alto. Xeralmente a súa plumaxe é branca, o seu peteiro amarelo e as súas longas patas grises, aínda que a plumaxe varía segundo a estación do ano. Aliméntanse de peixes, crustáceos e pequenos anfibios, e teñen como hábitat as zonas pantanosas ou próximas aos lagos de todo o mundo.
Xeralmente son aves solitarias, pero é normal velas reunidas en comunidade na época de cría. Aniñan en árbores altas, onde fan niños rudos, practicamente planos, e chegan a poñer até 6 ovos.