George Gervin
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
George "The Iceman" Gervin, nado o 27 de abril de 1952 en Detroit, Míchigan, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a maior parte da súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado na terceira rolda do Draft da NBA polos Phoenix Suns en 1974, aínda que non chegou a debutar co equipo de Novo México. Así pois, Gervin desenvolveu principalmente a súa carreira deportiva nos San Antonio Spurs, franquía na que é nove veces All-Star (incluíndo un premio ao mellor xogador do partido en 1980) e catro veces máximo anotar da competición.
George Gervin | |
---|---|
Posición | Escolta / ala |
Dorsal | 44, 8 |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Nacemento | 27 de abril de 1952 (71 anos) Detroit, Míchigan |
Carreira | |
Universidade | Eastern Michigan |
NBA Draft | 1974 / Rolda: 3 / Elección: 40 Por Phoenix Suns |
Tempadas | 1972–1990 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 20 708 (26,2 pp) |
Rebotes | 3 607 (4,6 pp) |
Asistencias | 2 214 (2,8 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Alén da NBA, participou noutras dúas competicións norteamericanas (a ABA e a CBA) e en dúas ligas europeas (a Lega e a ACB). En 1996 foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e admitido no Basketball Hall of Fame como xogador. Tamén foi homenaxeado polos San Antonio Spurs sendo retirado o seu dorsal número 44, o cal hoxe pendura no AT&T Center.