director de cinema estadounidense (1921-2002) From Wikipedia, the free encyclopedia
George Roy Hill, nado en Minneapolis, Minnesota, o 20 de decembro de 1921 e finado en Nova York o 27 de decembro de 2002, foi un director de cine estadounidense.
Nado nunha familia relacionada co mundo da prensa, obtivo a licenza de piloto aos dezaseis anos. Durante a segunda guerra mundial foi piloto no Pacífico Sur.
Tras estudar música na Universidade Yale e no Trinity College de Dublín, comezou unha carreira como actor de teatro en Nova York, ata que volveu ser chamado ao servizo militar por mor da guerra de Corea.
Logo de pasar polo teatro e a televisión, comezou a ser recoñecido como director de cine con Xoguetes no ático en 1963.
A súa sona en Hollywood aumentou a finais dos sesenta, con Millie, unha rapaza moderna e Butch Cassidy and the Sundance Kid. Repetiu cos protagonistas deste último filme, Paul Newman e Robert Redford en O golpe, que lle proporcionou o Óscar ó mellor director.
Finou en 2002.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.