botánico e zoólogo inglés (1751–1813) From Wikipedia, the free encyclopedia
George Kearsley Shaw, coñecido na bibliografía internacional como George Shaw, nado o 10 de decembro de 1751 en Bierton, Buckinghamshire, Inglaterra, e finado o 22 de xullo de 1813 en Londres, foi un médico, botánico e zoólogo inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1751 Aylesbury |
Morte | 22 de xullo de 1813 (61 anos) Londres |
Datos persoais | |
Residencia | Inglaterra |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Reino Unido |
Educación | Hertford College (Oxford) (pt) Universidade de Oxford |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, zooloxía, medicina e general practice (en) |
Ocupación | conservador , ictiólogo , ornitólogo , médico , escritor de non ficción , botánico , zoólogo , médico de cabeceira |
Empregador | Universidade de Oxford Museo Británico |
Membro de | |
Interesado en | Botánica |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | G.Shaw |
Abreviatura do autor en zooloxía | Shaw |
Premios |
Macido en Bierton, Buckinghamshire, e estudou no Hertford College, da Universidade de Oxford, recibindo o seu M.A. en 1772. En 1786 foi profeso auxiliar de botánica na Universidade de Oxford. Foi cofundador da Sociedade Linneana de Londres en 1788, e elixido membro da Royal Society en 1789.
En 1791, foi conservador auxiliar da sección de Historia Natural do Museo Británico. Dándose conta de que a maioría dos espécimes que doara ao Museo Hans Sloane estaban en moi malas condicións; o material médico e anatómico que se enviou ao Museo do Royal College of Surgeons, os animais taxidermizados estaban tan deteriorados que deberon ser queimados. A paga do Museo era tan mala que Shaw tivo que escribir moito tempo, e así descoidou a conservación da colección.
Publicou unha das primeiras descricións inglesas cos nomes científicos dalgúns dos animais australianos comúns na súa Zooloxía da Nova Holanda (1794), como se denominaba Australia naquela época. Foi un dos primeiros científicos en examinar un ornitorrinco, e publicou a primeira descrición científica desta especie en The Naturalist's Miscellany, en 1799.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Shaw |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: George Shaw |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.