Gestor de Infraestructuras Ferroviarias - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Gestor de Infraestructuras Ferroviarias.

Gestor de Infraestructuras Ferroviarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gestor de Infraestructuras Ferroviarias (GIF) foi un ente público español creado o 30 de decembro de 1996 pola Lei 13/1996[1] aprobándose o seu estatuto o 25 de abril de 1997 por Real Decreto 613/1997 e clasificado como entidade pública empresarial pola Lei 50/1998[2] o 30 de decembro de 1998.

Historia

A creación de GIF debeuse ás medidas do transporte ferroviario que a Unión Europea comezou a impulsar a partir da Directiva do Consello 91/440/CEE sobre o Desenvolvemento dos Ferrocarrís Comunitarios, onde establecía, entre outras cuestións, a separación entre os operadores dos trens e o suxeito xestor da infraestrutura.

O GIF tiña como obxectivo "a construción e, no seu caso, administración das novas infraestruturas ferroviarias que expresamente lle atribúa o Goberno, a proposta do Ministro de Fomento". A empresa foi unida a Renfe instantes antes de que esta, o 1 de xaneiro de 2005, dese lugar a Adif e Renfe Operadora.

O seu último presidente, Antonio González Marín, foi tamén o primeiro presidente de ADIF.

Estrutura interna

Land Rover "Santana" adaptado para circular polo ferrocarril, actualmente conservado no Museo do Ferrocarril de Cataluña.
Land Rover "Santana" adaptado para circular polo ferrocarril, actualmente conservado no Museo do Ferrocarril de Cataluña.

Competencias

  • A ordenación da circulación dos trens
  • O mantemento da nova infraestrutura
  • A xestión dos sistemas de seguridade
  • A explotación das instalacións eléctricas e de comunicacións asociadas.

Presidentes

Nome Período
Emilio García Gallego 1998-2000
Juan Carlos Barrón Benavente 2000-2003
Ramón Escribano Méndez 2003-2004
Antonio González Marín 2004

Notas

  1. Lei 13/1996, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orden Social. Artículos 160 e 161.
  2. Lei 50/1998, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social. Artículo 65.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • GIF.esArquivado dende o, o 21 de decembro de 2003. Consultado o 30 de novembro de 2009.
  • Adif.es
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Gestor de Infraestructuras Ferroviarias
Listen to this article