Go
xogo de taboleiro de estratexia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Go (碁 ou 囲碁, Igo), tamén chamado Badu en Corea e Weichi na China, é un xogo oriental de taboleiro, que consiste en dous xogadores posicionando unhas fichas chamadas pedras de tal forma a obter o maior territorio para si. Fíxose moi coñecido na actualidade, grazas á súa incorporación por defecto a Windows.
O taboleiro normal constituíse en 19 x 19 liñas. Tamén se pode xogar en taboleiros de 13 x 13 liñas, ou de 9 x 9 liñas, máis aptos para principiantes e para a aprendizaxe do xogo.
Igual que ocorre no xadrez, o go parte dunhas regras moi simples pero que dan como resultado un xogo de grande complexidade estratéxica.
- 1
- 2
- 3
- 4