Goberno provisional de España de 1868-1871
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Goberno provisional de 1868-1871 foi o executivo transitorio que se formou en España tras o triunfo da Revolución de 1868 —a Gloriosa—, que puxo fin ao reinado de Isabel II e que constitúe o primeiro período do Sexenio Democrático (1868-1874). Dividiuse en dúas etapas:
- a primeira, caracterizada pola elaboración da nova Constitución de 1869 baixo un goberno provisional integrado polas forzas políticas asinantes do Pacto de Ostende que lideraron a Gloriosa —o Partido Progresista encabezado polo xeneral Prim e a Unión Liberal liderado polo xeneral Francisco Serrano, e do que finalmente quedou fora o terceiro partido asinante do pacto, o Partido Demócrata, que se transformaría no Partido Republicano Federal—;
- e a segunda, que comezou coa aprobación da nova Constitución en xuño de 1869 e o nomeamento como rexente do ata entón presidente do Goberno Provisional, o xeneral Serrano, asumindo o xeneral Prim a presidencia do Goberno, e que rematou o 2 de xaneiro de 1871 co xuramento ante as Cortes Constituíntes do novo rei elixido por elas, Amadeu I de España.
Datos rápidos Himno, Localización ...
Himno | Marcha Real | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
Poboación | |||
Lingua oficial | lingua castelá | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Datos históricos | |||
Creación | 30 de setembro de 1868 | ||
Disolución | 2 de xaneiro de 1871 | ||
Pechar