Goethe-Institut
Asociación sen ánimo de lucro da República Federal de Alemaña para a promoción da lingua alemá no exterior e o intercambio cultural internacional / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Goethe-Institut (en galego Instituto Goethe) é unha institución alemá sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é divulgar polo mundo, en especial en países non falantes de alemán, a lingua e a cultura de Alemaña. A súa principal actividade é o ensino da lingua alemá como segundo idioma, mentres que o seu segundo obxectivo é o de fortalecer as relacións culturais internacionais de Alemaña.
O instituto recibe o seu nome en homenaxe ao poeta alemán Johann Wolfgang von Goethe.[1]