Golfiño
From Wikipedia, the free encyclopedia
O golfiño, tamén chamado delfín ou arroaz[1], é un mamífero acuático da orde dos cetáceos, que tamén inclúe as baleas e marsopas. É carnívoro, excelente nadador, notable polas súas facultades psíquicas, que vive en mares temperados e quentes.
Golfiños | |
---|---|
Os golfiños son un grupo informal da infraorde dos cetáceos | |
Información | |
Clasificación dos cetáceos |
|
Familias coñecidas como golfiños | |
|
As especies máis comúns son 12, aínda que a máis coñecida é o golfiño común. Este animal pode nadar a 63 km/h, sen causar turbulencia, ir ata 7 m de altura fóra da auga, mergullarse axiña e por bastante tempo, e ten unha calidade única entre os animais, unha verdadeira lingua de son e ultrasóns de 400 "palabras". Está dotado dun cerebro comparativamente tan desenvolvido como o ser humano. Expresa unha gran sensibilidade con respecto á dor e o pracer, demostrada coas súas relacións cos homes. Existe unha ciencia dedicada ó seu estudo.
Por golfiños enténdese os dous grupos de odontocetos con semellanzas físicas pero sen afinidade taxonómica:
- Delfínidos, tamén coñecido como golfiños e focas.
- Platanistoidea de auga doce nos ríos indios como o Indo e o Ganxes.